jueves, 9 de mayo de 2019

Avaliación das presentacións

Boas xente!!!

laura gadea hello Sticker by Peoople
Nesta entrada intentarei dar a miña opinión tanto sobre as prácticas que fixemos nesta materia de Novas Tecnoloxías como da exposición que fixemos do noso traballo, máis as presentación que realizaron  os meus compañeiros e compañeiras  nos seus respectivos grupos o mércores 8 de maio.

No tocante as prácticas da materia na miña opinión penso que estaban ben organizadas, aínda que contra o final todo foi transcurrindo dunha forma moi  rápida, tivemos que sacar tempo de donde non había e mismamente tiven que realizar as actividades de outros integrantes do grupo. Ademáis eu sentinme algo agobiado debido a que algún integrante do grupo non realizaba as actividade e tiven que adiantar eu as cousas; tamén me sentin agobiado porque estas últimas semanas tíñamos varias presentacións e traballos e ademáis de isto tiven que traballar de venres a domingo polo que estiven moi apurado.

Antes de dar unha pequena opinión sobre as presentacións , valorar que o traballo grupal por momentos estivo moi ben coordinado, pero tamén  xurdiron momentos de agobio polo que comentei anteriormente, e isto deu lugar a que en momentos fóramos máis lentos co traballo,
De seguido vou a facer unha pequena avaliación da nosa presentación , e ademáis evaluarei e comentarei o que me pareceron as presentacións dos demáis grupos. Os grupos que vamos  a comentar entre os tres integrantes do grupo   son os seguintes: o grupo KE, o grupo Nós,o grupo Matrix,o grupo Los Chanclas,o grupo El Triángulo Perfecto e o grupo RECA.


Eu vou a comentar o grupo KE e máis o grupo Nós ,comezando polo grupo KE formado por Karina e Évora, fixo unha exposición moi boa na cal explicaban moi ben as actividades que realizaron na revista, mantendo una boa exposición.Por outra parte, destacar  que esta presentación era moi parecida a nosa debido a que escolleron a Revista Dixital e destacar que o tema de intelixencia emocional é un tema moi interesante. Na miña humilde opinión esta exposición merece un 8,5 ou un 9 .

O segundo grupo que vou avaliar é o Grupo Nós , formado por Daniel, Eva e Nerea, este grupo realizou unha presentación moi completa xa que explicaron moi  ben as actividades e ademáis observamos que lle dedicaron bastante tempo as actividades. Por outra parte dicir que a temática que elixiron, que é a de coñecer o Camiño de Santiago, é unha temática que me encanta xa que en Negreira que é de donde pertenzo eu pasan todos os días peregrinos que están realizando o camiño e síntome moi identificado con este tema . Polo tanto dicir que, na miña humilde opinión esta exposición merece un 9 ou un 9,5, xa que realizaron un traballo moi bo.

Falando xa sobre nós dicir que , nos saliu moi ben a exposición , e verdade que podía saír algo mellor xa que a perfección e moi difícil de conseguir.Ante isto decir que non estou descontento coa  nosa presentación a pesar de que nalgún momento da presentación tivemos problemas debido a  que ao entrar na actividade cortaba un pouco o fío da presentación, aínda que o puidemos solucionar. Grazas a que organicei ben a exposición e creamos unha boa presentación no soporte que utilizamos , puidemos explicar todo o que fixemos durante estes meses .
Na miña humilde opinión creo que un 9 sería o máis xusto.

Ata a próxima!!!✋✋✋

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Última entrada do curso "Despedida"

Boas Xente!! Decimos boas por dicir algo, en realidade non sabemos se chorar de tristeza porque rematamos a nosa participación no blog o...