jueves, 9 de mayo de 2019

Última entrada do curso "Despedida"


Boas Xente!!
leaving bye bye GIF by Tkay Maidza

Decimos boas por dicir algo, en realidade non sabemos se chorar de tristeza porque rematamos a nosa participación no blog ou chorar de alegría porque rematamos o curso.Este curso 2018/2019 xa está rematando, este curso de incredulidade no cal  ao principio non coñecíamos a ningúns compañeiros e compañeiras. Peo co paso do curso fómosnos dando de conta de que nun futuro cando acabemos esta carreira e comecemos a nosa docencia nun colexio, o alumnado vai  a ser un privilexiado debido a que vai a ter uns docentes que farán o seu traballo con gran ilusión, entrega, dedicación , pasión e moita corazón pola súa profesión.

Relacionado coa materia de Novas Tecnoloxías aplicadas a Educación Primaria, decir que grazas a esta materia formámosnos para nun futuro ser bos docentes que apliquen as ferramentas TIC para que non sexa sempre libro , e o alumnado se divirta máis con esta forma.

No tocante ao proxecto que realizamos dicir que é un proxecto motivador e necesario coecer para o noso futuro como docentes. Como grupo esperamos que as nosas actividades que creamos axuden a comunidade educativa. Nestas actividades as que máis nos gustaron realizar foron o video explicativo e as actividades de Educaplay, Kubbu , JigSaw Planet, etc; xa que serviron para ensinar de que tratan diversas festividades galegas. Por outra parte houbo actividades que non nos agradaron tanto como o póster xa que nos resultou complicado de realizar xa que nese momento aínda non tiñamos os coñecementos necesarios adquiridos.

En definitiva, dicir que foi un pracer poder aportar á comunidade educativa; e tamén nos gustou moito a experiencia de crear este blog  xa que é unha maneira moi divertida de informar do que se fai no día a día.

Ata a próxima , vémonos  nun futuro nas aulas das escolas!!!

Martín, Laura e Miguel danvos as grazas por visualizar as nosas actividades e o noso blog



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Última entrada do curso "Despedida"

Boas Xente!! Decimos boas por dicir algo, en realidade non sabemos se chorar de tristeza porque rematamos a nosa participación no blog o...