Mostrando entradas con la etiqueta Miguel Jardón Gómez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Miguel Jardón Gómez. Mostrar todas las entradas

jueves, 9 de mayo de 2019

Última entrada do curso "Despedida"


Boas Xente!!
leaving bye bye GIF by Tkay Maidza

Decimos boas por dicir algo, en realidade non sabemos se chorar de tristeza porque rematamos a nosa participación no blog ou chorar de alegría porque rematamos o curso.Este curso 2018/2019 xa está rematando, este curso de incredulidade no cal  ao principio non coñecíamos a ningúns compañeiros e compañeiras. Peo co paso do curso fómosnos dando de conta de que nun futuro cando acabemos esta carreira e comecemos a nosa docencia nun colexio, o alumnado vai  a ser un privilexiado debido a que vai a ter uns docentes que farán o seu traballo con gran ilusión, entrega, dedicación , pasión e moita corazón pola súa profesión.

Relacionado coa materia de Novas Tecnoloxías aplicadas a Educación Primaria, decir que grazas a esta materia formámosnos para nun futuro ser bos docentes que apliquen as ferramentas TIC para que non sexa sempre libro , e o alumnado se divirta máis con esta forma.

No tocante ao proxecto que realizamos dicir que é un proxecto motivador e necesario coecer para o noso futuro como docentes. Como grupo esperamos que as nosas actividades que creamos axuden a comunidade educativa. Nestas actividades as que máis nos gustaron realizar foron o video explicativo e as actividades de Educaplay, Kubbu , JigSaw Planet, etc; xa que serviron para ensinar de que tratan diversas festividades galegas. Por outra parte houbo actividades que non nos agradaron tanto como o póster xa que nos resultou complicado de realizar xa que nese momento aínda non tiñamos os coñecementos necesarios adquiridos.

En definitiva, dicir que foi un pracer poder aportar á comunidade educativa; e tamén nos gustou moito a experiencia de crear este blog  xa que é unha maneira moi divertida de informar do que se fai no día a día.

Ata a próxima , vémonos  nun futuro nas aulas das escolas!!!

Martín, Laura e Miguel danvos as grazas por visualizar as nosas actividades e o noso blog



Avaliación das presentacións

Boas bloggers!!!

Nesta entrada voy falar sobre o traballo do meu grupo e tamén do de outros dous grupos, ademáis das súas respectivas presentacións, incluida a nosa.

O traballo que todos tivemos que realizar na materia de Novas Tecnoloxías pareceume bastante difícil, xa que non son unha persoa afeita ao uso da tecnoloxía. Aínda así, grazas a inmensa axuda dos meus compañeiros puidemos afianzar no traballo e sacalo adiante. Polo xeral, penso que é un bo traballo onde se póde ver que se empregou moito tempo para a realización da actividades, tíñamos que estar a demasiadas cousas nun mesmo traballo, facendo que as veces sexa repetitivo e laborioso. A presentación non estivo mal, mais sempre pode estar mellor, sobretodo a nivel expositivo. Confío en que poidamos acadar un bo resultado para a nosa satisfacción e de cara a nota final da asignatura.

Os grupos que van a ser avaliados por o noso son KE, Nós, Matrix,Los Chanclas, El Triángulo Perfecto e RECA. Os meus compañeiros de grupo comentaran dous cada un, e eu outros dous co obxectivo de facer avaliación dende distintos puntos de vista. Eu vou falar dos grupos Matrix e RECA.

Por unha banda o grupo Matrix pareceume que fixo un moi bo traballo. Vese a implicación de todos os integrantes do grupo e que todos aportaron o seu grao de area para levar o traballo ao seu peche. A exposición foi dinámica e explicaron bastante ben os procesos levados a cabo e as actividades feitas por elas mesmas. Co que puiden ver o pasado día de exposición na aula, este grupo merece unha boa nota tanto no traballo coma na exposición.

Por último vou falar do grupo RECA. Chamoume a atención que foran só dúas persoas as que tiveron que facer todo o traballo máis a presentación, xa que se no meu grupo fomos 3 e xa tivemos que sufrir para facerlo. Pero elas, sendo só dúas, acadaron os seus obxectivos e sen dúbida fixeron un traballo moi ben organizado e unha presentación onde o único  que me faltou foi poder ver as actividades, pero aínda así, merecen unha nota xusta e coa que poidan sentirse orgullosas do seu traballo.

Estas son as miñas opinións, espero que todos e todas teñamos boa sorte e poidamos decir que aprobamos Novas Tecnoloxias, aínda que sexa a parte práctica.

Un saúdo!!!


lunes, 6 de mayo de 2019

Recurso de apoio a Exposición do proxecto

Bo día Blogers !!!
asl rd GIF

Para a exposición do traballo final eliximos realizar un Power Point no cal mediante diversas diapositivas , explicamos o traballo que realizamos ao longo deste cuatrimestre. Nesta exposición comentamos as actividades realizadas , que son as seguintes: Un póster, unha WebQuest, un VideoQuiz, un cómic e tamén diversas actividades multimedia interactivas , as cales realizamos en diferentes ferramentas TIC.

En conclusión dicir que, un Power Point é un recurso moi sinxelo de utilizar e tamén moi útil; xa que se poden formar presentacións dunha forma moi rápida  e ademáis é un recurso que se pode editar e variar o diseño con gran facilidade.

Aquí vos deixamos unha captura co seu link para poder acceder a presentación:



Ata a próxima!!! 😜😜😜

Proxecto Final "Revista Dixital"

Boas a todas e a todos!!!

Como vos atopades???

Estamos chegando ao final deste cuatrimestre e polo tanto desta materia de Novas Tecnoloxías aplicadas a Educación Primaria, podemos dicir que  pasounos rapidísimo tanto o cuatrimestre como o curso.
Nesta entrada queremos ensinarvos o noso proxecto final que é unha Revista Dixital sobre o tema que eliximos que son as Festas Galegas, este proxecto supúxonos moito esforzo e moito traballo, e tamén dicir que algún membro do grupo había que insistirlle en que fixera as tarefas e finalmente conseguimos rematar todo dunha forma coa que nos sentimos satisfeitos.

No tocante ao recurso que utilizamos para realizar a revista dixital foi algo que variou, xa que ao principio comezamos con  Flipsnack e finalmente realizámola en Calameo, debido a que na primeira páxina obligábanos a  pagar para poder descargalo e decidimos facela en Calameo.

Aquí vos deixamos a Revista Final:



Ata a próxima!!!

Informe Final

Boas blogerss!

Despois de realizar a entrada correspondente a presentación , vamos a facer esta entrada na cal se atopa o informe que realizamos, no cal contén  moitos datos sobr todo o traballado durante o cuatrimestre e ademáis inclué unha reflexión final moi interesante.

Este informe realizámolo a partires dunha plantilla que nos proporcionaron as profesoras en Faitic, a cal traballamos dunha maneira intensa e satisfactoria. Este informe inclúe unha xustificación, un contexto escolar e curricular, as diversas actividades que realizamos e por último unha conclusión.

Aquí está o enlace ao proxecto:
https://cursos.faitic.uvigo.es/tema1819/claroline/document/goto/index.php/6.Exposici%F3n_Do_Proxecto/INFORME_FINAL_DO_PROXECTO_-2-.pdf?cidReq=O05G120V01202



Ata  a seguinte!!!😃😃😃



martes, 30 de abril de 2019

Actividades multimedia

Boas bloggers!

Por fin damos por rematado as sesións para a creación de actividades multimedia interactivas. As miñas actividades son Preguntas sobre San Froilán é Arde Lucus mediante Classtools dunha forma diferente, tamén fixen un Test en Educaplay sobre a Festa do Naseiro, e por último ultilicei Paisdelosjuegos para unha actividade de Pesca sobre a Festa da Troita.

San Froilan:
Arde Lucus:
Festa do Naseiro:
Festa da Troita:
Ata a próxima bloggers!

Paisdelosjuegos_Miguel

Bos días queridos bloggers.

No día de hoxe veremos unha ferramenta moi útil e fácil de utilizar, País de los Juegos. Nesta páxina atoparás multitude de actividades relacionadas con calquera tema, estea relacionado co curriculo ou non.
Son xogos que permiten aos nenos e nenas adquirir coñecementos previos para calquer tema de interese por parte do profesor ou profesora.
Deica logo!! :)

Classtools_Miguel

Boa tarde bloggers!!

Unha das ferramentas TIC que máis me impresionou foi Classtools. De feito é a miña ferramenta elexida para crear dúas das catro actividades multimedia.

Esta ferramenta permite a difusión e creación de actividades en moi pouco tempo. Podes elexir entre decenas de exercicios de balde, e tamén ofrece ferramentas para crear esquemas ou poder poñer etiquetas para clasificar obxetos, que pode servir para o día a día na aula.


Educaplay_Miguel

Bo día bloggers!!!!

No momento de ter que buscar diferentes ferramentas TIC, unha das primeiras que atopei foi Educaplay.

Esta ferramenta ten unha natureza sinxelista e intuituva para favorecer o seu uso, facendo así, que se poidan crear actividades multimedia interactivas atractivas para os alumnos e alumnas de diversas etapas. Pódense crear actividades de distintos tipos como facer un crucigrama ou crear unha sopa de letras, e grazas a este amplo abano de actividades, podemos chegar a máis nenos e nenas nos centros de ensinanza.

jueves, 11 de abril de 2019

VIDEOQUIZ

Bo día lectores e lectoras do noso blog!

Un videoquiz é una ferramenta cun potencial didáctico enorme. Esta actividade consiste en realizar preguntas sobre un ou varios vídeos de forma interactiva a tempo real, co que se consigue que aumente o nivel de atención do alumnado. A súa estructura estará definida por secuencias progresivas que incluirán distintas preguntas. Desde modo, o vídeo pasa de ser un elemento meramente expositivo a ser un elemento de cuestionario interactivo, co que se potencia o seu valor didáctico.


Aquí tedes unha captura do noso videoquiz:





Deica logo!

Vídeo explicativo_Festa da Istoria


Bo día bloggers!

DNCE gif dog hello hi GIF

No día de hoxe hemos creado un vídeo onde se explica a Festa da Istoria en Ribadavia. Empregamos distintos debuxos para poder explicar a festividade dunha maneira máis amena. O vídeo non é moi longo para que os cativos/as poidan velo enteiro sen ningún problema. 


Link ao vídeo: festa da istoria 

Espero que vos guste e os resulte entretido. Ata outra!😎😎😎

martes, 9 de abril de 2019

Cómic Festa da Auga


Boas xente estamos de volta!!!


fabulous here i am GIF

Xa rematamos as prácticas para realizar os recursos audiovisuais, e queremos ensinarvos un dos nosos recursos realizados.

De segudido presentamosvos un cómic sobre unha pequena historia na que dous amigos comezan a falar sobre a Festa da Auga a cal se celebra en Vilagarcia de Arousa.



Grazas a esta ferramenta poderemos favorecer o interese pola festividade cunha aplicación conductista para que os/as nenos/as vexan o evento de maneira atractiva e entretida. Así incrementarase a curiosidade do alumnado.

Ata próxima!!! 😜😜😜

miércoles, 13 de marzo de 2019

O NOSO PÓSTER

Ola, bo día lectores e lectoras Nesta entrada vamos a amosarvos o noso póster!!!
happy best day ever GIF

Na actualidade a inclusión das TIC no ámbito educativo e moito maior , o que sirve para mellorar o proceso de aprendizaxe; isto axuda a que o alumnado poida interpretar , analizar e desarrollar un pensamento crítico coa información que atope.

Debido a isto os centros educativos, deben potenciar as tecnoloxías da información e da comunicación que axudan a mellorar a interacción docente - alumnado.

Neste blog utilizamos diversos recursos que se adecúan a temática que escollemos e que nos van servir para realizar a nosa revista dixital en galego , estes recursos poden resultar moi interesantes para traballar co alumnado de Educación Primaria.

Deseñamos un póster que recollen os recursos dixitais analizados nas entradas que realizamos cada un cos recursos que escollemos. O póster é un recurso que ademais de presentarse como unha estratexia educativa, impulsa a imaxinación e tamén a capacidade de abreviar e examinar datos. Ademais dicir que é un gran recurso de apoio mediante imaxes e texto , que facilita a explicación dun tema en concreto.

Por outra parte dicir que , o póster é un recurso atractivo e permite explicar os contidos de maneira clara e precisa; este recurso tamén serve para chamar a atención do alumnado. O póster que utilizamos , mostra diversas festividades que atopas na nosa Comunidade Autónoma.

En conclusión dicir que a creación dun póster permite manobrar todo tipo de contidos e utilizar novas estratexias de traballo.

Este é o noso póster !!!, esperamos que vos agrade e vos complemente coñecementos sobre as festividades galegas.

jueves, 7 de marzo de 2019

Recursos para aula

Bo día queridos bloggers.

Hoxe veremos como mediante a utilización de recursos TIC podemos achegar certa curiosidade e coñecementos das diversas Festas Galegas aos nosos internautas.

Primeiro vamos falar sobre o recurso elexido para poder ensinar o que é O ENTROIDO. Optamos por engadir un libro colaborativo, o cal, incentiva o xogo dos nenos tendo que disfrazar a diversos personaxes seguindo un modelo en imaxe ou ter que seguir unhas instruccións.


En segundo lugar ultilizaremos un recurso audiovisual para explicar o que é A FESTA DA ISTORIA. No vídeo falase do como é, dende dentro, dita festa que se celebra en Ribadavia, ademais tamén coñeceras as distintas actividades que se realizan nesta gran festividade.
Por último, veremos unha festividade moi antiga, A FESTA DO PULPO. Para que os cativos e as cativas teñan ese primeiro contacto coa gastronomía galega, vamos a utilizar un libro colaborativo para que os neos e nenas comecen a ter unha idea sobre a propia festividade.

martes, 19 de febrero de 2019

Revista Dixital

Moi bo día a todos os lectores e lectoras deste blog.

Nesta entrada vou a ensinaros que tipo ferramenta  vamos a utilizar para poder explicar mellor as FESTA POPULARES GALEGAS!!!!!!!

A ferramenta escollida é a revista dixital, e pensaredes, qué é iso? Pois a revista dixital é un conxunto de publicacións teóricas difundidas utilizando medios electrónicos.

A revista dixital pódese distribuir de unha maneira inmediata ata calquera lugar onde podamos ter conexión a internet, tamén tes a oportunidade de levar contigo todas ar revistas que queiras nun portátil, tablet, etc. Se queremos que a revista sexa vista pola maior xente posible, grazas ao seu formato electrónico, os lectores poderán compartir o seu link mediante as redes sociais.

  

miércoles, 30 de enero de 2019

Coñecendo aos integrantes do grupo. Miguel

Bo día queridos lectores.

Este blog vai estar dirixido polos meus compañeiro e máis eu, Miguel. Somos estudantes de Educación Primaria do 1º curso na Universidade de Vigo (campus de Ourense), e este blog pertence a materia de Novas Tecnoloxias.

En canto ao blog, vaise focalizar ao alumnado de primaria e estará adicado as festas galegas, facendo unha viaxe por toda a comunidade galega, descubrindo as súas costumes e eventos máis importantes.
O obxectivo deste blog é que os nenos coñecan e sintan curiosidade polas festividades tanto da propia zona como dos arredores da comarca e poder vivir unha experiencia única.

Esperamos que vos guste o blog e adquirades vivencias e experiencias únicas.

Última entrada do curso "Despedida"

Boas Xente!! Decimos boas por dicir algo, en realidade non sabemos se chorar de tristeza porque rematamos a nosa participación no blog o...