miércoles, 13 de marzo de 2019

O NOSO PÓSTER

Ola, bo día lectores e lectoras Nesta entrada vamos a amosarvos o noso póster!!!
happy best day ever GIF

Na actualidade a inclusión das TIC no ámbito educativo e moito maior , o que sirve para mellorar o proceso de aprendizaxe; isto axuda a que o alumnado poida interpretar , analizar e desarrollar un pensamento crítico coa información que atope.

Debido a isto os centros educativos, deben potenciar as tecnoloxías da información e da comunicación que axudan a mellorar a interacción docente - alumnado.

Neste blog utilizamos diversos recursos que se adecúan a temática que escollemos e que nos van servir para realizar a nosa revista dixital en galego , estes recursos poden resultar moi interesantes para traballar co alumnado de Educación Primaria.

Deseñamos un póster que recollen os recursos dixitais analizados nas entradas que realizamos cada un cos recursos que escollemos. O póster é un recurso que ademais de presentarse como unha estratexia educativa, impulsa a imaxinación e tamén a capacidade de abreviar e examinar datos. Ademais dicir que é un gran recurso de apoio mediante imaxes e texto , que facilita a explicación dun tema en concreto.

Por outra parte dicir que , o póster é un recurso atractivo e permite explicar os contidos de maneira clara e precisa; este recurso tamén serve para chamar a atención do alumnado. O póster que utilizamos , mostra diversas festividades que atopas na nosa Comunidade Autónoma.

En conclusión dicir que a creación dun póster permite manobrar todo tipo de contidos e utilizar novas estratexias de traballo.

Este é o noso póster !!!, esperamos que vos agrade e vos complemente coñecementos sobre as festividades galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Última entrada do curso "Despedida"

Boas Xente!! Decimos boas por dicir algo, en realidade non sabemos se chorar de tristeza porque rematamos a nosa participación no blog o...