miércoles, 20 de febrero de 2019

Recursos para a aula

Bo día lectores e lectoras:
snoop dogg dancing Sticker

A celebración de diferentes festividades , é algo tradicional en Galicia; para  explicar de que tratan as diversas festas da nosa autonomía utilizaremos diferentes recursos TIC para explicar ditas festas. Algunhas das festividades das cales vou a  facer incapé con estes recursos son as seguintes: O Entroido, o Magosto e o Samaín.

Como primeiro recurso optei por un libro colaborativo sobre o Entroido; este recurso, mediante a utilización de diversas preguntas , xogos e explicacións , explícase de que vai esta festividade  tan representativa para Galicia . Neste recurso as persoas que o utilicen servirálles de moita utilidade para poder coñecer máis a fondo  de que trata esta festa tan significativa.





O segundo recurso escollido  é unha web na cal se vai explicando mediante diversos xogos de que trata unha das festas tradicionais más representativas de Galicia como é o Magosto. Este recurso axúdanos a que as persoas que o vexan , aprendan cales son as costumes e xogos  tradicionais que se levan a cabo nesta festa como é o Magosto.



O último recurso escollido libro interactivo no cal se explica de que trata a festividade do Samaín, neste recurso utilízanse diferentes  xogos de preguntas , esquemas e un video , os cales  van explicando de que trata esta celebración. Este recurso apórtanos para o noso blog unha idea do que significa esta festa como é o Samaín para Galicia.


En conclusión ,dicir que estos tres recursos que escollín para que nos aportase información relevante , serven dunha forma fantástica para que as persoas que visualicen este blog aprendan de que van estas tres festividades Galegas.

Ata a próxima!!! 😎😎😎


























No hay comentarios:

Publicar un comentario

Última entrada do curso "Despedida"

Boas Xente!! Decimos boas por dicir algo, en realidade non sabemos se chorar de tristeza porque rematamos a nosa participación no blog o...