Boas Xente!!

Decimos boas por dicir algo, en realidade non sabemos se chorar de tristeza porque rematamos a nosa participación no blog ou chorar de alegría porque rematamos o curso.Este curso 2018/2019 xa está rematando, este curso de incredulidade no cal ao principio non coñecíamos a ningúns compañeiros e compañeiras. Peo co paso do curso fómosnos dando de conta de que nun futuro cando acabemos esta carreira e comecemos a nosa docencia nun colexio, o alumnado vai a ser un privilexiado debido a que vai a ter uns docentes que farán o seu traballo con gran ilusión, entrega, dedicación , pasión e moita corazón pola súa profesión.
Relacionado coa materia de Novas Tecnoloxías aplicadas a Educación Primaria, decir que grazas a esta materia formámosnos para nun futuro ser bos docentes que apliquen as ferramentas TIC para que non sexa sempre libro , e o alumnado se divirta máis con esta forma.
No tocante ao proxecto que realizamos dicir que é un proxecto motivador e necesario coecer para o noso futuro como docentes. Como grupo esperamos que as nosas actividades que creamos axuden a comunidade educativa. Nestas actividades as que máis nos gustaron realizar foron o video explicativo e as actividades de Educaplay, Kubbu , JigSaw Planet, etc; xa que serviron para ensinar de que tratan diversas festividades galegas. Por outra parte houbo actividades que non nos agradaron tanto como o póster xa que nos resultou complicado de realizar xa que nese momento aínda non tiñamos os coñecementos necesarios adquiridos.
En definitiva, dicir que foi un pracer poder aportar á comunidade educativa; e tamén nos gustou moito a experiencia de crear este blog xa que é unha maneira moi divertida de informar do que se fai no día a día.
Ata a próxima , vémonos nun futuro nas aulas das escolas!!!
Martín, Laura e Miguel danvos as grazas por visualizar as nosas actividades e o noso blog