jueves, 18 de abril de 2019

Kubbu_Martín


Boas  lectores e lectoras !!

dance dancing Sticker
Como vos atopades!!!

Hoxe vouvos a falar dunha das moitas ferramentas TIC que existen na actualidade para crear actividades multimedia interactivas.Este recurso educativo que me serviu de gran utilidade para realizar unha das catro actividades multimedias interactivas, é "Kubbu". Este recurso non é moi coñecido, aínda que serve para realizar actividades moi intelixentes.

As TIC son unha innovación educativa, que  nestes momentos estanlle permitindo os/as docentes e o alumnado que poidan variar as formas e maneiras de realizar o traballo diario na aula e no proceso de ensinanza aprendizaxe destes traballos. As TIC, están dando lugar a unha transformación na educación, de forma moi considerable, estas ferramentas cambiaron tanto a forma de ensinar como a forma de aprender,ademáis  do rol  docente e do alumnado. Debido a isto é importante saber manexar un pouquiño ditas ferramentas.

Esta ferramenta escollida é un recurso que non utilizara con anterioridade, e está moi ben. Sobre Kubbu  dicir que, podemos utilizala para realizar actividades como crucigramas ou xogos de relacionar. 

Para poder crear actividades interactivas en Kubbu soamente é necesario rexistrarse, unha vez rexistrados xa podemos empezar a deseñar as nosas actividades interactivas.Este recurso educativo autocorrixe as actividades que se realizan,  o que lle permite ao alumnado realizar as actividades dende a casa.Esta ferramenta conta con unha  variedade de actividades e xogos interactivos para  crear. 

En conclusión dicir que é unha ferramenta moi útil e  e fácil de manexar.

Un saúdo e ata a próxima!!! 😉😉😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Última entrada do curso "Despedida"

Boas Xente!! Decimos boas por dicir algo, en realidade non sabemos se chorar de tristeza porque rematamos a nosa participación no blog o...