miércoles, 17 de abril de 2019

JigsawPlanet_Martín

Boas tardes lectores e lectoras !!
happy world cup GIF by ESPN México

Como estades !!!

Hoxe vouvos a falar dunhas das moitas ferramentas TIC que existen na actualidade para crear actividades multimedia interactivas.Este recurso educativo que me serviu de gran utilidade para realizar unha das catro actividades multimedias interactivas, é "Jigsaw Planet".

As TIC son unha innovación educativa, que  nestes momentos estanlle permitindo os/as docentes e o alumnado que poidan variar as formas e maneiras de realizar o traballo diario na aula e no proceso de ensinanza aprendizaxe destes traballos. As TIC, están dando lugar a unha transformación na educación, de forma moi considerable, estas ferramentas cambiaron tanto a forma de ensinar como a forma de aprender,ademáis  do rol  docente e do alumnado. Debido a isto é importante saber manexar un pouquiño ditas ferramentas.

Esta ferramenta escollida é unha das que non coñecía anteriormente pero está moi ben , xa que nela podemos elaborar varias  actividades multimedia interactivas, como rompecabezas e puzzles. Sobre Jigsaw Planet  dicir que,  é moi sinxela de utilizar xa que soamente con coller unha imaxe de internet  podemos realizar un puzzle . As actividades e  que se realizan nesta ferramenta, elabóranse de forma online e quedan gardadas na plataforma para poder compartilos de maneira libre co alumnado e co profesorado.

Para poder crear actividades interactivas en Jigsaw Planet soamente é necesario rexistrarse, unha vez rexistrados xa podemos empezar a deseñar as nosas actividades interactivas.Este recurso educativo   autocorrixe as actividades o que lle permite ao alumnado realizar as actividades dende a casa.Esta ferramenta conta con varias  actividades  que se poden crear. 

En conclusión dicir que é unha ferramenta moi útil e sinxela de manexar.

Un saúdo,vémosnos pronto!!! 😉😉😉




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Última entrada do curso "Despedida"

Boas Xente!! Decimos boas por dicir algo, en realidade non sabemos se chorar de tristeza porque rematamos a nosa participación no blog o...