jueves, 9 de mayo de 2019

Última entrada do curso "Despedida"


Boas Xente!!
leaving bye bye GIF by Tkay Maidza

Decimos boas por dicir algo, en realidade non sabemos se chorar de tristeza porque rematamos a nosa participación no blog ou chorar de alegría porque rematamos o curso.Este curso 2018/2019 xa está rematando, este curso de incredulidade no cal  ao principio non coñecíamos a ningúns compañeiros e compañeiras. Peo co paso do curso fómosnos dando de conta de que nun futuro cando acabemos esta carreira e comecemos a nosa docencia nun colexio, o alumnado vai  a ser un privilexiado debido a que vai a ter uns docentes que farán o seu traballo con gran ilusión, entrega, dedicación , pasión e moita corazón pola súa profesión.

Relacionado coa materia de Novas Tecnoloxías aplicadas a Educación Primaria, decir que grazas a esta materia formámosnos para nun futuro ser bos docentes que apliquen as ferramentas TIC para que non sexa sempre libro , e o alumnado se divirta máis con esta forma.

No tocante ao proxecto que realizamos dicir que é un proxecto motivador e necesario coecer para o noso futuro como docentes. Como grupo esperamos que as nosas actividades que creamos axuden a comunidade educativa. Nestas actividades as que máis nos gustaron realizar foron o video explicativo e as actividades de Educaplay, Kubbu , JigSaw Planet, etc; xa que serviron para ensinar de que tratan diversas festividades galegas. Por outra parte houbo actividades que non nos agradaron tanto como o póster xa que nos resultou complicado de realizar xa que nese momento aínda non tiñamos os coñecementos necesarios adquiridos.

En definitiva, dicir que foi un pracer poder aportar á comunidade educativa; e tamén nos gustou moito a experiencia de crear este blog  xa que é unha maneira moi divertida de informar do que se fai no día a día.

Ata a próxima , vémonos  nun futuro nas aulas das escolas!!!

Martín, Laura e Miguel danvos as grazas por visualizar as nosas actividades e o noso blog



Avaliación das presentación

Boas bloggers!

Esta entrada irá adicada a realizar unha reflexión final da materia de novas tecnoloxías e unha avaliación da presentación dos grupos de alumnos da nosa clase.

Na niña opinión as prácticas da materia están mol ben organizadas e estructuradas, facendo así posible que levar a materia ao día resulte bastante doado. Non obstante, para nos non foi o caso, non houbo moi boa organización nin comunicación entre os integrantes do grupo, o que nos levou a facer individualmente actividades que deberían haber sido realizadas conxuntamente. A asignatura polo xeral parecerme interesante, pos nunca trabajara coas TICS e considero que son un recurso vital para amenizar as clases.

O primeiro grupo a avaliar sería o grupo "o triángulo perfecto"das miñas compañeiras Antía Paz López, Miriam Pérez Armada e Antía Rodríguez Abad. Na niña opinión a súa presentación foi moi clara, fluída e directa e as seus recursos multimedia, en especial o vídeo de stopmotion, chamáronme moito a atención sola súa orixinalidade. O único defecto que lle atopei á súa presentación foi que a pesar de ser un traballo centrado en Galicia ninguna das integrantes fallos en galego.

O segundo grupo a avaliar é o grupo "Los chanclas" integrado por José Luis Pavón Requejo, Xián Penín Pía, Marcos López Lago e Daniel Pérez Álvarez. Este grupo chamoume especialmente a atención pola súa orixinalidade pois subiron videos explicativos explicando boas prácticas da hixiene, cousa que non fixo ningún otro grupo. A maiores, dicir que a presentación fui fluída e que se notaba un bo entendimiento do tema.



Ata a próxima!!!

Avaliación das presentacións

Boas bloggers!!!

Nesta entrada voy falar sobre o traballo do meu grupo e tamén do de outros dous grupos, ademáis das súas respectivas presentacións, incluida a nosa.

O traballo que todos tivemos que realizar na materia de Novas Tecnoloxías pareceume bastante difícil, xa que non son unha persoa afeita ao uso da tecnoloxía. Aínda así, grazas a inmensa axuda dos meus compañeiros puidemos afianzar no traballo e sacalo adiante. Polo xeral, penso que é un bo traballo onde se póde ver que se empregou moito tempo para a realización da actividades, tíñamos que estar a demasiadas cousas nun mesmo traballo, facendo que as veces sexa repetitivo e laborioso. A presentación non estivo mal, mais sempre pode estar mellor, sobretodo a nivel expositivo. Confío en que poidamos acadar un bo resultado para a nosa satisfacción e de cara a nota final da asignatura.

Os grupos que van a ser avaliados por o noso son KE, Nós, Matrix,Los Chanclas, El Triángulo Perfecto e RECA. Os meus compañeiros de grupo comentaran dous cada un, e eu outros dous co obxectivo de facer avaliación dende distintos puntos de vista. Eu vou falar dos grupos Matrix e RECA.

Por unha banda o grupo Matrix pareceume que fixo un moi bo traballo. Vese a implicación de todos os integrantes do grupo e que todos aportaron o seu grao de area para levar o traballo ao seu peche. A exposición foi dinámica e explicaron bastante ben os procesos levados a cabo e as actividades feitas por elas mesmas. Co que puiden ver o pasado día de exposición na aula, este grupo merece unha boa nota tanto no traballo coma na exposición.

Por último vou falar do grupo RECA. Chamoume a atención que foran só dúas persoas as que tiveron que facer todo o traballo máis a presentación, xa que se no meu grupo fomos 3 e xa tivemos que sufrir para facerlo. Pero elas, sendo só dúas, acadaron os seus obxectivos e sen dúbida fixeron un traballo moi ben organizado e unha presentación onde o único  que me faltou foi poder ver as actividades, pero aínda así, merecen unha nota xusta e coa que poidan sentirse orgullosas do seu traballo.

Estas son as miñas opinións, espero que todos e todas teñamos boa sorte e poidamos decir que aprobamos Novas Tecnoloxias, aínda que sexa a parte práctica.

Un saúdo!!!


Avaliación das presentacións

Boas xente!!!

laura gadea hello Sticker by Peoople
Nesta entrada intentarei dar a miña opinión tanto sobre as prácticas que fixemos nesta materia de Novas Tecnoloxías como da exposición que fixemos do noso traballo, máis as presentación que realizaron  os meus compañeiros e compañeiras  nos seus respectivos grupos o mércores 8 de maio.

No tocante as prácticas da materia na miña opinión penso que estaban ben organizadas, aínda que contra o final todo foi transcurrindo dunha forma moi  rápida, tivemos que sacar tempo de donde non había e mismamente tiven que realizar as actividades de outros integrantes do grupo. Ademáis eu sentinme algo agobiado debido a que algún integrante do grupo non realizaba as actividade e tiven que adiantar eu as cousas; tamén me sentin agobiado porque estas últimas semanas tíñamos varias presentacións e traballos e ademáis de isto tiven que traballar de venres a domingo polo que estiven moi apurado.

Antes de dar unha pequena opinión sobre as presentacións , valorar que o traballo grupal por momentos estivo moi ben coordinado, pero tamén  xurdiron momentos de agobio polo que comentei anteriormente, e isto deu lugar a que en momentos fóramos máis lentos co traballo,
De seguido vou a facer unha pequena avaliación da nosa presentación , e ademáis evaluarei e comentarei o que me pareceron as presentacións dos demáis grupos. Os grupos que vamos  a comentar entre os tres integrantes do grupo   son os seguintes: o grupo KE, o grupo Nós,o grupo Matrix,o grupo Los Chanclas,o grupo El Triángulo Perfecto e o grupo RECA.


Eu vou a comentar o grupo KE e máis o grupo Nós ,comezando polo grupo KE formado por Karina e Évora, fixo unha exposición moi boa na cal explicaban moi ben as actividades que realizaron na revista, mantendo una boa exposición.Por outra parte, destacar  que esta presentación era moi parecida a nosa debido a que escolleron a Revista Dixital e destacar que o tema de intelixencia emocional é un tema moi interesante. Na miña humilde opinión esta exposición merece un 8,5 ou un 9 .

O segundo grupo que vou avaliar é o Grupo Nós , formado por Daniel, Eva e Nerea, este grupo realizou unha presentación moi completa xa que explicaron moi  ben as actividades e ademáis observamos que lle dedicaron bastante tempo as actividades. Por outra parte dicir que a temática que elixiron, que é a de coñecer o Camiño de Santiago, é unha temática que me encanta xa que en Negreira que é de donde pertenzo eu pasan todos os días peregrinos que están realizando o camiño e síntome moi identificado con este tema . Polo tanto dicir que, na miña humilde opinión esta exposición merece un 9 ou un 9,5, xa que realizaron un traballo moi bo.

Falando xa sobre nós dicir que , nos saliu moi ben a exposición , e verdade que podía saír algo mellor xa que a perfección e moi difícil de conseguir.Ante isto decir que non estou descontento coa  nosa presentación a pesar de que nalgún momento da presentación tivemos problemas debido a  que ao entrar na actividade cortaba un pouco o fío da presentación, aínda que o puidemos solucionar. Grazas a que organicei ben a exposición e creamos unha boa presentación no soporte que utilizamos , puidemos explicar todo o que fixemos durante estes meses .
Na miña humilde opinión creo que un 9 sería o máis xusto.

Ata a próxima!!!✋✋✋

lunes, 6 de mayo de 2019

Recurso de apoio a Exposición do proxecto

Bo día Blogers !!!
asl rd GIF

Para a exposición do traballo final eliximos realizar un Power Point no cal mediante diversas diapositivas , explicamos o traballo que realizamos ao longo deste cuatrimestre. Nesta exposición comentamos as actividades realizadas , que son as seguintes: Un póster, unha WebQuest, un VideoQuiz, un cómic e tamén diversas actividades multimedia interactivas , as cales realizamos en diferentes ferramentas TIC.

En conclusión dicir que, un Power Point é un recurso moi sinxelo de utilizar e tamén moi útil; xa que se poden formar presentacións dunha forma moi rápida  e ademáis é un recurso que se pode editar e variar o diseño con gran facilidade.

Aquí vos deixamos unha captura co seu link para poder acceder a presentación:



Ata a próxima!!! 😜😜😜

Proxecto Final "Revista Dixital"

Boas a todas e a todos!!!

Como vos atopades???

Estamos chegando ao final deste cuatrimestre e polo tanto desta materia de Novas Tecnoloxías aplicadas a Educación Primaria, podemos dicir que  pasounos rapidísimo tanto o cuatrimestre como o curso.
Nesta entrada queremos ensinarvos o noso proxecto final que é unha Revista Dixital sobre o tema que eliximos que son as Festas Galegas, este proxecto supúxonos moito esforzo e moito traballo, e tamén dicir que algún membro do grupo había que insistirlle en que fixera as tarefas e finalmente conseguimos rematar todo dunha forma coa que nos sentimos satisfeitos.

No tocante ao recurso que utilizamos para realizar a revista dixital foi algo que variou, xa que ao principio comezamos con  Flipsnack e finalmente realizámola en Calameo, debido a que na primeira páxina obligábanos a  pagar para poder descargalo e decidimos facela en Calameo.

Aquí vos deixamos a Revista Final:



Ata a próxima!!!

Informe Final

Boas blogerss!

Despois de realizar a entrada correspondente a presentación , vamos a facer esta entrada na cal se atopa o informe que realizamos, no cal contén  moitos datos sobr todo o traballado durante o cuatrimestre e ademáis inclué unha reflexión final moi interesante.

Este informe realizámolo a partires dunha plantilla que nos proporcionaron as profesoras en Faitic, a cal traballamos dunha maneira intensa e satisfactoria. Este informe inclúe unha xustificación, un contexto escolar e curricular, as diversas actividades que realizamos e por último unha conclusión.

Aquí está o enlace ao proxecto:
https://cursos.faitic.uvigo.es/tema1819/claroline/document/goto/index.php/6.Exposici%F3n_Do_Proxecto/INFORME_FINAL_DO_PROXECTO_-2-.pdf?cidReq=O05G120V01202



Ata  a seguinte!!!😃😃😃



Última entrada do curso "Despedida"

Boas Xente!! Decimos boas por dicir algo, en realidade non sabemos se chorar de tristeza porque rematamos a nosa participación no blog o...